terça-feira, 13 de dezembro de 2011

A Mesa pide explicacións ao Valedor do pobo

Carlos Callón: “Estamos a vivir unha auténtica caza de bruxas contra a nosa cultura"
A Mesa transmite a súa solidariedade coa editora e pide que se deixen de criminalizar a lingua e a cultura de Galiza
A Mesa pola Normalización Lingüística exixe ao Valedor do Pobo que ofreza “explicacións inmediatas, públicas e claras” sobre a veracidade de que reclamou a retirada dun libro de texto porque reproduce o artigo 5.1 do Estatuto de Autonomía, que sinala que a lingua propia de Galiza é o galego. O presidente da Mesa, Carlos Callón, considera que “de ser certo, volveremos a reclamar aos tres partidos do Parlamento a destitución de Benigno López, que máis unha vez demostraría que non está capacitado para exercer un cargo de consenso e que mellore a convivencia”.
A Mesa recorda que os problemas do actual Valedor do Pobo coa lingua galega “chegaron xa desde o día seguinte da súa desafortunadísima elección, en que demostrou que non era o Valedor do Pobo, senón o Valedor do PP”. Carlos Callón apunta que a “fobia obsesiva contra a lingua galega” de Benigno López xa provén “dos seus tempos de maxistrado, cando se negaba a utilizar o topónimo A Coruña” e que na entidade en defensa da lingua a viven “cada semana, cando o Valedor se nega a tramitar a inmensa maioría das queixas que lle remitimos por vulneración da lexislación favorábel ao noso idioma”.
Callón lamenta que situacións de “persecución contra a cultura galega” se poidan estar a vivir en pleno século XXI. “Primeiro o goberno de Núñez Feijóo realizou a maior destrución de libros en galego desde o ano 1936 e agora queren prohibir un manual escolar porque reproduce o que di o Estatuto; isto é demasiado”, considera o portavoz da maior asociación cultural de Galiza, que non dubida en adxectivar o contexto como unha “caza de bruxas contra

Sem comentários:

Enviar um comentário