terça-feira, 15 de novembro de 2011

GALICOLA convoca o 3º Concurso Ángelo Casal

Galicola é un projeto de economía social que destina os seus beneficios á normalización da lingua galega. Este ano convoca unha nova ediçom do seu concurso que leva o nome do que fora alcalde galeguista de Santiago durante a 2º república española e fusilado en 1936. Está dirixido a entidades que promoven o uso e defensa do galego.

Bases para a apresentaçom de candidaturas
-Nom se aceitarám candidaturas de empresas com ánimo de lucro.
-Nom se aceitarám candidaturas de entidades que empreguem o espanhol.
-Nom se aceitarám candidaturas de entidades que promovam valores reacionários como o racismo ou o sexismo.
-Nom se aceitará mais de umha candidatura por entidade.
-Nom se aceitarám candidaturas de entidades que tenham ganhado o prémio o ano anterior.
-As candidaturas entregarám à Galicola umha apresentaçom do destino a que dedicarám o prémio, com extensom nom superior à duas folhas. Essa apresentaçom será divulgada nesta página web para o seu conhecimento polos participantes no Concurso.
-O prazo de recepçom de candidaturas fecha-se em 31 de dezembro. Nom se aceitarám candidaturas fora de prazo.
Eleiçom dos projetos ganhadores
No 31 de janeiro publicará-se a listagem de candidaturas admitidas por Galicola, e exporám-se os seus projetos na página web da Galicola.
O Concurso resolverá-se por votaçom popular. De 31 de janeiro a 1 de maio cada consumidor de Galicola poderá votar polos projetos que prefera, enviando umha etiqueta do refresco com o seu voto. Nom há limite aos votos que cada pessoa queira enviar. Poderáse votar tanto por correio postal, quanto em urnas instaladas em centros sociais e locais por todo o país. No 17 de maio, Dia das Letras Galegas, abrirám-se as urnas e procederáse ao reconto de votos e à proclamaçom do projeto ganhador.

quinta-feira, 10 de novembro de 2011

Concurso de minicontos do xornal De Luns a Venres e o Centro Pen Galicia

Minicontos de Luns a Venres para fomentar a lingua

De luns a venres
Coa finalidade de contribuír a unha maior presenza da literatura galega nos medios, e para achegar os/as autores/as aos/ás lectores/as da prensa, o xornal De Luns a Venres e o Centro Pen Galicia convocan o concurso de minicontos de Outono


BASES

1. Os traballos deberán ser inéditos na súa totalidade, escritos en lingua galega, segundo a normativa vixente, e de libre temática.
2. A extensión de cada relato non poderá exceder os 1.200 caracteres (sen contar espazos).
3. Cada autor ou autora ten a opción de concursar cun máximo de tres minicontos, aínda que só un deles poderá ser seleccionado polo xurado.
4. Os participantes enviarán os seus orixinais ao enderezo electrónico minicontosoutono@l-v.es, ou por correo postal a: LV. Rúa de Fernando de Casas Novoa 35A, 1.º B. 15707. Santiago de Compostela.
5. O prazo de admisión rematará o 15 de decembro de 2011.
6. Estabelécense tres premios: o primeiro dotado con 600 €, o segundo con 300 € e o terceiro con 100 €.
7. O resultado do certame farase público a finais de decembro de 2011, e os minicontos gañadores serán publicados no xornal LV e na súa edición dixital. Posteriormente o PEN de Galicia e o LV organizarán un acto literario, no transcurso do cal se fará entrega dos premios.
8. O xurado cualificador está composto por un xornalista representante de LV, un escritor membro do Centro PEN Galicia e outras tres persoas relacionadas co ámbito da literatura galega. Correspóndelle ao xurado a aplicación e interpretación destas bases e a súa decisión será inapelábel.

ORGANIZAN: De Luns a Venres e Centro PEN Galicia
COLABORA: Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia