segunda-feira, 12 de dezembro de 2011

Guía de termos de Dereito Penal en Galego

A Universidade de Santiago de Compostela acaba de editar unha guía de termos esenciais de dereito penal, o traballo lexicográfico máis amplo sobre esta disciplina en galego que existe na actualidade, e que foi realizado Xusto R. Río e Miguel Abel Souto

O volume toma o Código penal como a fonte principal dos conceptos xurídicos que despois se presentan en versión bilingüe. Para facilitar a consulta diferéncianse dúas partes, unha cun corpus de entradas bilingües numerado e ordenado segundo o nome galego e un índice alfabético de denominacións castelás.

Esta obra introduce xa as novas figuras delitousas incorporadas na reforma do código español do 22 de xuño de 2010.

Os Termos esenciais de dereito penal –que poden descargarse dende o web do SNL, que á vez incorporou as entradas ao seu bUSCatermos- dálle continuidade á colección de glosarios especializados que se puxo en marcha a primavera pasada cos Termos esencias de dereito constitucional e que continuarán proximamente con dous novos.

A guía enmárcase dentro da campaña Témoslle Lei, o Plan para aumentar e mellorar o uso da lingua galega entre o estudantado e o profesorado da Facultade de Dereito.

Sem comentários:

Enviar um comentário